Os fans do mítico grupo español dos 80 "Loco Mía", poderán gozar pronto de todos os seus grandes éxitos: o próximo 15 de maio chega ás tendas unha recopilación en forma de CD-DVD, segundo informa a discográfica responsable.
Nel hai temas como 'Loco Mía', 'Rumba Samba Mambo', 'Taiyo' ou 'Loco Vox', cos correspondentes videoclips do grupo ibicenco, coñecido tanto polas súas 'pegadizas' cancións coma polos seus vestidos, zapatos e, sobre todo, polos seus abanicos.
Ala veña, a disfrutar do tipos estes.
Etiquetas: Musica

« back home