13 marzo 2007
E dalle coas manifestacións..
O Partido Socialista anunciou onte que acudirá á manifestación convocada por sindicatos, asociacións cidadás, ONGs e partidos políticos contra a guerra de Iraq con ocasión do aniversario da reunión das Azores. Esta manifestación, que conta co apoio do PSOE, do que o presidente do Goberno é o seu secretario xeral, supón un novo enfrontamento coa Administración Bush, que aínda non asimilou a decisión de Zapatero de retirar as tropas españolas de Iraq sen dar un prazo de tempo suficiente a EEUU para poder reordenar a súa estratexia. O recordatorio desta manifestación, as críticas á convocada polo PP o sábado pasado e a convocada polo presidente de Navarra o próximo, serviron para elevar ao máximo a confrontación política entre PP e PSOE, que acusou ao líder da oposición de intentar acabar co Goberno utilizando a loita antiterrorista e de evocar coa súa actuación "os inconfundibles aromas do pasado".

O que está claro é que as manifestacións están de moda, non pode pasar un mes sen que apareza algunha só que agora súmanse a ela os principais partidos políticos xa non só como apoio senón como convocantes. Uns intentar axitar o país e outros intentan responder.

E eu que pensaba que onde resolvían os problemas, discutían e facían propostas "constructivas" os políticos era o Parlamento... non creo que a xente da rúa esté moi satisfeita cos seus representantes...

Etiquetas:

 
posted by Guille at 14:28 | Permalink |


0 Comments: