Os principais medios de comunicación estadounidenses, Fox, Viacom, CBS e NBC, estudan lanzarse a competir con YouTube de Google. Mentres ultiman detalles do acordo, esperan crear un buscador específico para os seus vídeos. As compañías teñen como obxectivo sacar proveito do rápido crecemento das web de vídeos e planean tamén construír un reproductor de vídeos.En menos de dous anos, YouTube converteuse no sitio de Internet máis popular de compartir vídeos con máis de 100 millóns de visitas diarias, así que penso que será difícil que alguén lle faga competencia, sobre todo porque xa está instalado o seu nome nas nosas cabeciñas e se non, ¿en que pensamos cando oímos "vídeo" en internet? O sitio foi adquirido por Google en novembro por 1.650 millóns de euros en accións.
Moitos vídeos de YouTube son caseiros publicados polos usuarios pero algúns teñen contido pirateado de programas de televisión, motivo polo cal, youtube, xa recibiu ameazas de demandas por infrinxir dereitos de autor, aínda que algunhas compañías asinaron acordos co sitio.
Etiquetas: Internet

« back home