"A invasión salvará ó país", "levaremos a democracia e a xustiza alí", "este país xamais respetou os dereitos humanos, despois da nosa invasión, instauraremos a democracia e o país convertirase en libre e un exemplo de respeto polos dereitos humanos na zona". Cantas e cantas cousas se nos dixo para xustificar a invasión de Irak, entre elas as das famosas armas de destrucción masiva, que son polo visto, totalmente invisibles.
¿Onde está ese exemplo de democracia que dicían? ¿Onden están esos dereitos humanos? ¿Onde está esa xustiza e lei? ¿Onde está ese país libre i en paz? Desde que comezou a guerra non para de morrer xente, dun e doutro bando, pero sobre todo morren civís.
Agora chega a sentenza so xuízo a Sadam Hussein, condenado a morrer na horca. Pena de morte, e para máis lamentable, vai ser na horca... non estou defendendo o paisano este pero... ¿isto é o exemplo de democracia, xustiza, liberdade e dereitos humanos que USA quere impoñer no mundo?
Etiquetas: Internacional

« back home