Fai unha semana, máis ou menos, un xornalista español era secuestrado en Gaza. Esta última fin de semana, un Cooperador ourensán dunha ONG, era secuestrado en Gaza. Ambos xa foron liberados.¿Como é posible que haxa xente que intente facer ver ós demais que loitan por algo con xestos coma estes?, ¿secuestrar a un membro dunha ONG que está alí voluntariamente para axudar á "súa" poboación?
Durante a Invasión de Irak polos EEUU, a única ONG que quedou no país para atender á poboación civil que ía ser vítima da guerra, foi a Cruz Vermella. Un tempo logo de finalizada a guerra (oficialmente), a Cruz Vermella foi vítima dun ataque por membros de grupos "insurgentes", "rebeldes", "terroristas" ou como os queiran chamar. Por ese motivo, a Cruz Vermella marchouse de Irak. Atacaron e botaron a unhas persoas que voluntariamente se quedaran nunha guerra para axudar a "súa" poboación.
Aínda que non sei que será peor, en principio téndese a considerar a que estes grupos de xente están lixeiramente tocados da cabeza, o problema vén cando algúns gobernos do mundo dáselles por facer cousas similares... ataques a xornalistas, ameazas a voluntarios de ONG's, etc.

Etiquetas: Internacional

« back home