A dirección de RTVE e os sindicatos alcanzaron un acordo sobre o Expediente de Regulación de Emprego (ERE). Segundo o mesmo, permitirase xubilar a todos aqueles traballadores que teñan 50 anos cumpridos a 1 de xaneiro de 2007. Este acordo afectará a 4.150 empregados segundo informou un portavoz de RTVE.O acordo contempla que quen se acollan ao ERE cobrarán o 92 por cento do salario.
Xa quixeran sempre os traballadores que son xubilados obrigatoriamente, facelo con ese salario. ¿Unha máis das diferenzas entre funcionarios e traballadores?
Con isto, avanzase enormemente no proceso de reforma do canle público. RTVE convertirase en "Corporación RTVE", dirixido por un consello de administración controlado polo Parlamento en lugar do Goberno, como era ata agora. Agardamos que se consiga despolitizar ó ente. En resumo, o que se pretende é crear unha canle ó estilo da BBC británica. Unha das novidades que se anunciaron é a reducción de publicidade, e nalgunhas ocasións, como as películas en horario "prime time", emitiranse sen cortes publicitarios.
Tamén anunciaron, que esta reforma axudará a eliminar a incrible deuda que ten RTVE. ¿Como? Pois coa regulación de emprego, eliminación de algúns centros territoriais ou disminución dos gastos neles, etc..
Etiquetas: Nacional

« back home