17 octubre 2006
LÚA DE MEL NA CADEA


Despois dunha entrevista á galega retida en México, estas son as principais liñas que publica un diario de Quintana Roo, o estado ó que pertence Cancún.

Un día logo de obter a súa liberdade, a española Ana María Ríos Bemposta, recoñece que o seu caso é único en anos e non ten porque pasarlle a outros turistas, polo que recomendaría ampliamente visitar Cancún e non dubidaría en volver visitar Quintana Roo nun tempo razoable, unha vez pasado este trance.

As autoridades tratáronme como unha raíña, se digo o contrario estou mentindo.
Se me pasou a min non ten porque pasarlle a todo o mundo.
Recentemente o vin e é precioso, expresa con emoción e engade que recomendaría visitar Quintana Roo porque o sitio é fantástico.
Síntome mellor. Non é unha situación fácil, non todo o mundo está preparado para tal situación. Tes que verte no medio para saber como vas actuar.

Engade que quizais en dous meses esqueza o incidente que a retén en México e volvería encantada a Quintana Roo, refírese a que é a primeira vez en moitos anos que se detén a algún turista no aeroporto internacional nesas condicións antes non sabía que hai que ter un pouco de coidado coa equipaxe. Non tiña candado a equipaxe, e non podes fiarte tanto.
Era unha viaxe que desexaba facer de toda a vida. Vir a México para min era un soño, levaba nove anos e en canto puiden fíxeno. Chámame a atención a súa cultura. O pasaporte quiteino para viaxar a México, era a primeira vez que saía fora de Europa.


Se ve que andan lixeiramente preocupados pola imaxe que está chegando a España do seu país. Outro diario da zona, enumera moitos dos comentarios que deixaron na web de "La Voz de Galicia" numerosos lectores galegos e do resto de España, que por certo, non deixan moi ben a México.
En fin, cada un tira para a súa casa, evidentemente saben alí que a súa imaxe quedou seriamente dañada e como di o Alcalde do pobo da rapaza, non pode ser que nun lugar de tanta sona e tanta xente, houbera tantos problemas para sacar á moza do cárcere con tantas probas o seu favor. Polo que se ve, pódese dicir que por esta vez, as autoridades diplomáticas, neste caso o consulado español en Cancún, actuaron correctamente (según parece).
A rapaza xa está en liberdade, pero aínda non pode saír do país ata que se esclareza o asunto das balas, xa que o dos explosivos xa foi desestimado polo xuíz.
Din que incluso podería ter que quedarse alí un ano...
Os diarios consultados foron Quequi e Novenet

Etiquetas:

 
posted by Guille at 21:01 | Permalink |


2 Comments:


At 19/10/06 23:48, Blogger Guille

Parece ser que el fiscal va pedir el sobreseimiento de los cargos que pesan sobre Ana María, esto significa que el Juez podría decretar libertad en unos cuatro días.

 

At 21/10/06 01:39, Blogger Guille

El juez lo ha autorizado, en unas hora, Ana Maria vuelve a Galicia.