23 octubre 2006
COMENTARIOS DO MUNDO
GALICIA
¡¡Vaia fin de semana!! Galicia non descansa, as mismas localidades afectadas polos incendios levan unha entrada en outono pelexando contra as inclemencias meteorolóxicas, agora toca temporal outra vez. Un morto (un persoa circulaba en moto cando foi alcanzado por unha póla dunha árbore) e decenas de pobos, principalmente no Sur, quedaron anegados e algúns incluso innaccesibles.

NACIONAL
Saltando de tema, o PP nacional rexeitou un pacto anticorrupción proposto polo PSOE, vendo que nin sequera nisto pódense poñer de acordo os políticos, comprendemos despois todo o que pasa... ¿será que non queren renunciar a meter a man nas arcas públicas para levar para casa? E isto vai por todos los partidos, en Marbella, os concelleiros socialistas están en prisión, pero ó longo da xeografía española, aparecen máis e máis casos de corrupción urbanística tendo o PP como principal executor.

INTERNACIONAL
¿Por qué a "cacholiña" non da para máis? ¿Por qué Xapón e Islandia (non sei se hai outros países) insisten na pesca de baleas sabendo que moitas especies están en perigo de extinción? ¿Pensan que se lles está intentando enganar (como dicía Bush cando lle falaban do cambio climático) e que realmente non se acabaran nunca? Pois si xa quedaban poucas, o ritmo que van, moitas non quedarán despois deste novo inicio na pesca de baleas.
A UE parece que tomará cartas no asunto para obrigar a Islandia a parar. Non creo que o consiga.

Interesante o de Panamá, agora o "canal" é deles e queren reformalo, ¿motivo? Seguir sendo un referente, debido a que outros países como Nicaragua (que amenazou con construir outro máis grande), México i EEUU cun servicio de transporte intermodal entre as dúas costas moi competitivo. Despois da ampliación (que rematará en 2014), Panamá seguirá sendo o referente no paso de mercancías un océano a outro. Curioso o sistema, para poder facelo, houbo que convocar un referendo... ¿por qué? ¿é Panamá un exemplo de país democrático? Pois non sei si será exemplo ou non, pero si sei que a Lei Panameña obriga a unha consulta popular cada vez que se quere "tocar" o "Canal de Panamá".

O mundo cáelle por riba a Bush. Non só desde fora atácase a estratexia en Iraq, senón que agora incluso, as críticas veñen de dentro, do seu propio partido e do seu propio exército. Facía moito tempo que EEUU non perdía tantos soldados nun ano.

TECNOLOXÍA
A vicepresidenta primeira do Goberno, anunciou en Valencia que para antes de outono de 2007 poderanse utilizar tódolos caracteres oficiais do territorio español nos dominios españois de internet. O anuncio fíxose na xornada de clausura do primeiro 'Congreso Internacional de Novo Xornalismo' que se celebrou en Valencia.
Isto quere decir, que a "ñ" española poderá usarse nos dominios ".es".

Etiquetas: , ,

 
posted by Guille at 12:26 | Permalink |


0 Comments: