26 octubre 2006
ANTES DIXEN... AGORA DIGO...
Moitos en España din que a votación sobre o "proceso de paz" en Euskadi celebrada na Eurocámara, supón unha internacionalización do conflito e unha "baixada de pantalóns" ante ETA, algo que nunca pasara e que non faría ningún outro país europeo. Parece que a moitas destas persoas fáltalles memoria ou están por levar a contraria.

O líder socialista alemán, Poettering, tivo unha soada intervención grazas a esta frase pronunciada en español: «Pola paz e os seus dereitos non nos pecharemos, senón que nos abrimos á esperanza, ao perdón e á xenerosidade. Pola paz poñeremos o mellor da nosa parte para facela definitiva coa axuda e a esperanza de todos». A cita, dixo, data de 1998 e corresponde a Aznar.

Tamén dicir, que na primeira parte dos anos 90, o Reino Unido solicitou o amparo e apoio da Comunidade Europea para o "proceso de paz" en Irlanda do Norte. A EuroCámara aceptou a petición e unha resolución expresou o seu total apoio ó proceso, non só de palabra, senón con medidas tanxibles, como a achega de fondos para a reconstrución e potenciación da zona. Hoxe en día, o IRA prácticamente está disolto, Irlanda do Norte está a piques de recuperar a súa autonomía (suspendida polo Goberno británico pola violencia do IRA) e as disputas políticas entre distintas ideoloxías agora discútense coas palabras e non coas armas.

Este 25 de Outubro, celebrouse no Parlamento Europeo un pleno a petición dos deputados españois no que se aprobou unha resolución de apoio ó proceso iniciado en España. O PP votou en contra, do mesmo xeito que fixo en España, pero non puido parar a resolución de apoio porque, o conxunto do resto de partidos votaron a favor, eceptuando 31 abstencións. Esperemos que sexa un gran impulso e que chegue todo a bo término.

Etiquetas:

 
posted by Guille at 12:16 | Permalink |


0 Comments: