Chámase Yulka e é a primeira beluga que nace en cautividade en Europa.É unha boa nova, xa que confírmase que é posible criar a esta especie en cautividade, algo que o paso que vai este mundo na pesca de baleas (non sei se pescan ou non belugas, pero senón as pescan xa lle tocará) pode ser necesario para a protección da especie.
O feliz acontecemento produciuse no acuario do Oceanográfico de Valencia logo de 16 meses de gestación. A cativa pesa 90 kilos e mide máis dun metro. Agora é de cor gris, pero nun tempo volverase branca coma os seus pais. A nai tardou oito horas en dar a luz. Agora o importante é que a pequena balea aprenda a mamar e poida crecer sen problemas.
Falando da vida nos mares, vin hoxe en "La 2 Noticias" unha nova preocupante. Unha importante agrupación científica realizou un estudio das zonas de pesca máis importantes do mundo, un estudio de grandes dimensións, o máis completo e importante que se fixo ata o de agora. Este estudio confirmou que de seguir a pesca o ritmo actual, dentro de 50 anos, só poderemos consumir peixe de piscifactoría xa que acabaremos coa pesca.
Etiquetas: Natureza

« back home