09 enero 2007
MOVEMENTOS POLÉMICOS NA EUROCÁMARA
Coa chegada á Eurocamara de deputados da dereita radical romanesa e búlgara (lembro para os despistados, que desde o día 1 de Xanerio deste ano 2007, a Unión Europea está formada por dous países máis, son Bulgaria e Romanía, quedando o número total de países mebros da unión en 27), o arelado soño de Jean-Marie Le Pen e doutros ultradereitistas do continente está a piques de se cumprir. A aspiración do fascismo europeu de refundar o grupo político desaparecido a mediados dos anos noventa faise agora posible. Na xornada deste martes terá lugar en Bruxelas unha reunión que pode sentar as súas bases. De chegarse a un acordo, o acto de constitución oficial do novo grupo consumaríase na sesión parlamentaria do vindeiro luns en Estrasburgo.

Para a formación dun novo grupo parlamentario, o regulamento da Eurocámara esixe un mínimo de vinte eurodiputados procedentes de cinco países. A chegada das novas incorporacións búlgaras e romanesas facilita o cumprimento destas esixencias e permite que un novo partido político de corte fascista vexa a luz en Europa. Cómpre lembrar que, até o de agora, os veteranos membros ultradereitistas no Parlamento (tal como Le Pen ou Alessandra Mussolini, neta do líder fascista) pertencían ao coñecido como "grupo dos non inscritos". A nova situación posibilitaríalles gozar de novos dereitos políticos como a presentación de enmendas e o dereito de palabra, ademais do acceso ao finanzamento oficial.

No programa político deste novo partido salientan a oposición á entrada de Turquía na Unión Europea e o rexeitamento ao Tratado Constitucional europeo. Ademais, defenderán a abolición en Europa das leis que castigan as manifestaciones racistas ou a negación do Holocausto.

http://www.vieiros.com

Etiquetas:

 
posted by Guille at 23:23 | Permalink |


0 Comments: