06 marzo 2007
¿Canto viviremos?
¿E se alguén vive máis que Matusalén? Segundo a Biblia, Mausalén viviu 969 anos e morreu afogado no diluvio. Dito isto, comento...

A maior parte das persoas de terceira idade adoitaban renovar por última vez o seu carné de identidade alá polos 70 anos. Pero ¡oh sorpresa co novo DNI Electrónico!, e é que máis dun entroulle o sorriso ao ver a data de caducidade que viña impresa: 01-01-9999. Trátase de poñer unha data que se saiba seguro que non se vai exceder, pero seica ¿hai alguén que pense que algún podería vivir 3.000 anos como para ter que poñer 9.999?

Polo visto, normalmente a xente tómao de broma, como algo gracioso, "oxalá chegase alí" dicía un, en cambio, uns poucos ata lles pareceu mal.

En fin, curiosidades das nosas autoridades. Se algún que teña este DNI teno que renovar, podería volver do futuro e comunicarnoslo, quen sabe, se cadra os creadores teñen visión do futuro.

Etiquetas: ,

 
posted by Guille at 22:15 | Permalink |


0 Comments: