A oposición está boicoteando ao candidato do goberno á xefatura do Estado, o ministro de Relacións Exteriores, Abdullah Gul, a quen acusan de manter unha axenda islamista secreta que poñería en perigo a tradición secular da Turquía moderna, que separa a relixión do Estado. Na actualidade, a elección do presidente de Turquía -que como xefe de Estado pode vetar calquera lei do país e designar a figuras crave dentro do goberno- está en mans dos lexisladores.Como solicitou a oposición, a Corte Constitucional anulou a primeira volta das eleccións, levada a cabo o venres pasado, ao determinar que, de conformidade á lexislación vixente, dous terzos dos lexisladores turcos teñen que estar presente na votación. É a primeira vez na historia de Turquía que a Corte Constitucional toma unha medida deste tipo. Polo tanto, celebraranse novas eleccións aprazando así a solución a crise actual.
O primeiro ministro exhortou á unidade no país, logo de que centos de miles de persoas desfilasen en Estambul, o domingo, en apoio ao secularismo. A élite gobernante de Turquía e o exército consideran que é esencial protexer a separación da relixión e o Estado. O exército encabezou tres golpes de Estado contra gobernos electos, ao considerar que o secularismo corría perigo e nestes últimos días, non se cansaron de repetir que farían o mesmo neste caso se o candidato islámico era elexido presidente. E curioso este tema, pois o 99% da poboación é de relixión islamista pero o exército, impedirá coas armas a construcción dun estado islámico senón o impiden antes os políticos.
A Unión Europea -á cal Turquía é candidata- advertiulle ao exército que non se inmisca na crise. Con toda a polémica que rodeaba a Turquía e a súa eterna candidatura a entrar na Unión Europea, só lle faltaba que tivera lugar un golpe de estado levado a cabo polo exército, pero parece que por fin, todo se arranxou coa convocatoria de novas eleccións. Así, Turquía seguirá sendo a eterna candidata a ser europea.
Moitos son os que se negan en rotundo a aceptar a Turquía na Unión Europea, ¿como afectará esta crise? Para min, que saia como saia, as opinións da maior parte da xente seguirán exactamente igual que antes da crise, é dicir, maioritariamente non.
Etiquetas: Internacional

« back home