O Goberno recomenda aos profesores a lectura en clase de libros como "Alí Babá y los 40 maricones", do debuxante Nazario, a guía gay con "artísticas fotografías" Safer Sexy, ou o pase do vídeo "Guía gay para el sexo seguro", producido en Londres.
A polémica, a favor e en contra, xa está por toda España. ¿Será verdade todo isto? Como cambiaron os tempos..! Imaxes de "Alí Babá y los 40 maricones" (click na imaxe para ampliar):




Pois ben, toda esta información procede do aparato periodístico de Jiménez Losantos, acusando ao Ministerio de Educación e Ciencia e ao seu titular, Mercés Cabrera, de publicar unha guía obscena e sectaria para o desenvolvemento da asignatura de Educación para a Cidadanía. Varios organismos e asociacións estudian querellarse contra o Ministerio por as afirmacións que veñen de Losantos.
Houbo desmentido do Ministerio. Polo visto, a cadena COPE cando emitiu esta noticia, xa tiña coñecemento dunha nota oficial do Ministerio de Educación e Ciencia onde se indica textualmente: "la guía nada tiene que ver con la asignatura Educación para la Ciudadanía y los Derechos Humanos ni es una guía didáctica editada por el MEC para padres y profesores de esta asignatura. La editó en 1995 el Comité Español de la Campaña Europea de la Juventud contra el Racismo, la Xenofobia, el Antisemitismo y la Intolerancia". Na web do ministerio hai un enlace cara una páxina que contén toda esta información, pero iso sí, procedente da Unión Europea e de diferentes ONG's, asociacións, partidos políticos, etc... con datas anteriores a 2001.
¿Trátase entón dun motivo máis para facer oposición ó Goberno?
Etiquetas: Nacional

« back home